Speakers: Anxo Sánchez García

  • Anxo Sánchez García: Creando unha rede de sitios web con WordPress

    WordCamp Galicia 2021Speaker: Anxo Sánchez García

    October 2, 2021 — O auxe das redes sociais hai máis dunha década fixo caer no esquecemento de xeito progresivo a moitos sitios web utilizados a modo de blog, que na altura eran o espazo máis utilizado para compartir contido e escribir reflexións. Malia isto, seguen existindo e son utilizados diariamente por moitas persoas.

    Unha das ferramentas utilizadas para crear redes de blogs foi o Multisite de WordPress. Primeiro como funcionalidade externa e logo nativa. Pero os seus usos non só se concentran aí. Webs corporativas multilingües, grupos de empresas cos seus sitios particulares, grandes proxectos con divisións/departamentos ou, en xeral, grupos de webs cun nexo común. Mesmo a páxina onde estás lendo isto está montada sobre un Multisite.

    Niso se basea a experiencia de fala.gal, un proxecto onde crear un sitio web en galego e con só 3 clics con WordPress Multisite.

    Como se crea un Multisite, que posibilidades nos abre e como o xestionamos?

    Presentation Slides »