Speakers: Pilar Mera

  • Exprimindo a API: personalización de chamadas e respostas

    WordCamp Galicia 2025Speaker: Pilar Mera

    October 5, 2025 — A REST API de WordPress é unha ferramenta moi útil, e moi versátil. Serve entre outras cousas para integrar plugins e sistemas con servizos de terceiros, para que os buscadores rastreen a web, e tamén para depurar e aprender sobre o noso sitio web!

    Nesta demo veremos algúns exemplos prácticos de todo isto: Sobre un portal de formación online ficticio, construiremos diferentes endpoints nos que recibiremos listados personalizados, en formato .json, dos cursos, mestres e materias do sitio.

    Tirando de filtros no ficheiro functions.php (rest_post_query, rest_prepare_post, register_rest_route e register_rest_field…) e de parámetros nas urls (per_page, offset, search, _fields…), aprenderemos a optimizar as consultas á API para obter só a información que precisamos no formato que a precisamos.

    Presentation Slides »

  • Pilar Mera: O meu amigo o inspector: 3 exemplos prácticos

    WordCamp Galicia 2021Speaker: Pilar Mera

    October 2, 2021 — Dentro dos nosos navegadores habita unha poderosa ferramenta: (o meu amigo) o inspector ou DevTools.

    Co inspector podemos facer moitas cousas e moi útiles, desde preparar bocetos en jpg a partir de webs demo ata axudarnos coas políticas de cookies, facer auditorías de optimización e accesibilidade, exportar todas as entradas e produtos dunha web, saber que plantilla emprega… Todo iso sen necesidade de acceder ao wp-admin e sen empregar ningunha outra ferramenta máis có propio navegador!

    Se aínda non usas o inspector no teu fluxo de traballo diario, despois deste taller non poderás vivir sen el :).

    Presentation Slides »