Speakers: Sergio Castelo

  • O teu curso ensina moito, pero os algoritmos non se matricularon nel

    WordCamp Galicia 2025Speaker: Sergio Castelo

    October 6, 2025 — O teu curso ensina moito, pero os algoritmos non se matricularon nel é unha charla pensada para quen crea contidos de formación dixital en WordPress e quere que cheguen a máis xente… sen depender unicamente da súa nai ou do grupo de WhatsApp.

    Nesta sesión repasaremos tres puntos clave para que os teus contidos educativos non pasen desapercibidos en Google (nin nos novos buscadores con IA):

    Erros comúns ao redactar contidos formativos:

    Se o escribe GPT e non ti, os algoritmos poden non darlle valor. Falaremos de como crear contidos que seguen funcionando, que marcan a diferenza e que respostan o que o usuario busca, non só o que ti queres contar.

    Fallos técnicos frecuentes nas webs de formación:

    Meta-etiquetas ausentes ou mal postas, webs lentas como unha tarde de agosto sen wifi, experiencias de usuario que botan para atrás… Revisión práctica dos puntos clave para que Google non escape correndo.

    O novo contexto dos buscadores con IA (LLMs):

    Como afectan os novos modelos de linguaxe á visibilidade dos teus cursos? Que podes medir? Como crecer sen desaparecer entre tanto ruído automatizado?

    Todo, con sentido práctico, exemplos reais e un pouco de retranca galega para que, ao rematar, saias coa cabeza chea de ideas… e a web un pouco máis cerca dos algoritmos.

    Presentation Slides »