October 5, 2025
Crear páxinas web atendendo a principios de responsabilidade —accesibilidade, sostibilidade enerxética, privacidade, transparencia, etc.— semella unha cousa moi custosa que require grandes coñecementos, recursos ou inversión. Non vos vou enganar: hai moitas cousas que saber, que facer e que ter en conta para crear una web en perfecto equilibrio entre a responsabilidade, a rentabilidade e a experiencia do usuario. Mais hai moitas cousas que só requiren un pouco de atención pero marcan a diferencia.
Nesta auditoría axudarei a proxectos reais a identificar estas melloras básicas e asumibles para que poidan comezar nos seus primeiros pasos cara un enfoque máis responsable. E quen sabe, o mesmo aprendes tamén como facelo co teu.