Language: Galician/Galego

  • O RSS está de volta! Ponte ao día cos feeds de WordPress

    O RSS está de volta! Ponte ao día cos feeds de WordPress

    WordCamp Galicia 2026Speaker: Pilar Mera Rico

    October 19, 2026 — Cada vez somos máis os que empregamos lectores de RSS para manter o noso fío de novidades personalizado e libre de algoritmos. Os feeds tamén son fundamentais para buscadores, axentes, bots, e calquera sistema que indexe contido. O resumo é que a sindicación de contidos, ou “web feeds”, ou simplemente “o RSS” volve estar de moda e hai que poñerse ao día.

    Repasaremos as nocións básicas desta tecnoloxía (historia, formatos, ferramentas, vantaxes, etc.) e con exemplos prácticos veremos como funcionan os feeds en WordPress e como podemos personalizalos: Comprobaremos que calquera instalación de WordPress por defecto expón boa parte do contido a través dos feeds: fíos de entradas, de comentarios, de produtos, por categorías, por autores, etc.

    Crearemos en directo un novo feed na nosa web, con contido exclusivo para os lectores de RSS e previamente formateado con filtros e hooks. E aprenderemos máis trucos “pro”, como habilitar as estatísticas nos RSS, engadir enlaces e menús para os diferentes fíos, retrasar a sindicación, validar o XML…

    Presentation Slides »

  • Que debería coñecer para comezar en WP?

    Que debería coñecer para comezar en WP?

    WordCamp Galicia 2026Speaker: Lorenzo Otero

    October 19, 2026 — Todos os que comezan con WordPress teñen dúbidas e cometen erros… e iso é completamente normal. Neste relatorio repasaremos eses pequenos detalles que moitas veces damos por supostos, pero que para quen está empezando poden converterse en auténticas dores de cabeza.

    Descubrirás como evitar os erros máis habituais, aforrar tempo e construir unha base sólida para avanzar con confianza en WordPress.

    Presentation Slides »

  • Houston, temos un pedido: A odisea de internacionalizar o teu WooCommerce!

    Houston, temos un pedido: A odisea de internacionalizar o teu WooCommerce!

    WordCamp Galicia 2026Speaker: Rafael Verde Penas

    October 19, 2026 — Se pensabas que internacionalizar a túa tenda en liña é tan sinxelo como instalar un plugin de tradución, configurar un par de idiomas e sentarte a esperar que chovan as vendas dende o estranxeiro, esta charla é para ti.

    Vender fóra das túas fronteiras é dar un salto onde a problemática do idioma só é a punta do iceberg. Os desenvolvedores ou xestores dun ecommerce, a miúdo esquécense de que cando un cliente fai click en “Comprar”… empezan outros retos que son propios do comercio internacional.

    Unha charla sobre a internacionalización dun ecommerce, dende o punto de vista dun especialista en comercio exterior.

    Presentation Slides »

  • Érase unha vez un proxecto Open Source

    Érase unha vez un proxecto Open Source

    WordCamp Galicia 2026Speaker: Andrea Magán Rey

    October 19, 2026 — Un conto para aprender sobre licenzas, comunidades e contribucións

    E se che dixese que se pode explicar o Open Source cunha caixa de cartón, un grupo de animais con formato de conto de antes de durmir?

    Nesta charla faremos un percorrido polos conceptos fundamentais do Open Source: como liberar un proxecto, escoller unha licenza, recibir contribucións, facer medrar unha comunidade.

    Todo contado como se fose un conto infantil, porque entender o Open Source non debería dar máis medo que unha historia para ir para a cama.

    Presentation Slides »

  • Vende sen pensar no algoritmo

    Vende sen pensar no algoritmo

    WordPress Meetup A CoruñaSpeaker: Rodrigo Varela

    June 1, 2026 — ¿Se puede vender online sin obsesionarse con el algoritmo? En esta charla de WordPress Coruña, Rodrigo Varela comparte cómo El Amasadero fue construyendo una marca sólida apostando más por la creatividad, la identidad y la conexión con las personas que por perseguir métricas, tendencias o automatizaciones.

    A través de ejemplos reales, habla sobre SEO, newsletters, Google Ads, branding y dirección creativa, defendiendo una idea clara: las herramientas deben estar al servicio de la marca, y no al revés. Una charla muy recomendable para quienes trabajan en ecommerce, marketing o comunicación digital.

  • AI-Build custom blocks. Crea bloques de WordPress desde cero

    AI-Build custom blocks. Crea bloques de WordPress desde cero

    WordPress Meetup LugoSpeaker: David Viña

    December 1, 2025 — Como crear bloques personalizados en WordPress desde cero e como usar a IA para acelerar o proceso sen perder control nin criterio.

    Presentation Slides »

  • O teu curso ensina moito, pero os algoritmos non se matricularon nel

    O teu curso ensina moito, pero os algoritmos non se matricularon nel

    WordCamp Galicia 2025Speaker: Sergio Castelo

    October 6, 2025 — O teu curso ensina moito, pero os algoritmos non se matricularon nel é unha charla pensada para quen crea contidos de formación dixital en WordPress e quere que cheguen a máis xente… sen depender unicamente da súa nai ou do grupo de WhatsApp.

    Nesta sesión repasaremos tres puntos clave para que os teus contidos educativos non pasen desapercibidos en Google (nin nos novos buscadores con IA):

    Erros comúns ao redactar contidos formativos:

    Se o escribe GPT e non ti, os algoritmos poden non darlle valor. Falaremos de como crear contidos que seguen funcionando, que marcan a diferenza e que respostan o que o usuario busca, non só o que ti queres contar.

    Fallos técnicos frecuentes nas webs de formación:

    Meta-etiquetas ausentes ou mal postas, webs lentas como unha tarde de agosto sen wifi, experiencias de usuario que botan para atrás… Revisión práctica dos puntos clave para que Google non escape correndo.

    O novo contexto dos buscadores con IA (LLMs):

    Como afectan os novos modelos de linguaxe á visibilidade dos teus cursos? Que podes medir? Como crecer sen desaparecer entre tanto ruído automatizado?

    Todo, con sentido práctico, exemplos reais e un pouco de retranca galega para que, ao rematar, saias coa cabeza chea de ideas… e a web un pouco máis cerca dos algoritmos.

    Presentation Slides »

  • Exprimindo a API: personalización de chamadas e respostas

    Exprimindo a API: personalización de chamadas e respostas

    WordCamp Galicia 2025Speaker: Pilar Mera

    October 5, 2025 — A REST API de WordPress é unha ferramenta moi útil, e moi versátil. Serve entre outras cousas para integrar plugins e sistemas con servizos de terceiros, para que os buscadores rastreen a web, e tamén para depurar e aprender sobre o noso sitio web!

    Nesta demo veremos algúns exemplos prácticos de todo isto: Sobre un portal de formación online ficticio, construiremos diferentes endpoints nos que recibiremos listados personalizados, en formato .json, dos cursos, mestres e materias do sitio.

    Tirando de filtros no ficheiro functions.php (rest_post_query, rest_prepare_post, register_rest_route e register_rest_field…) e de parámetros nas urls (per_page, offset, search, _fields…), aprenderemos a optimizar as consultas á API para obter só a información que precisamos no formato que a precisamos.

    Presentation Slides »

  • Os básicos dunha web responsable

    Os básicos dunha web responsable

    WordCamp Galicia 2025Speaker: Nora Ferreirós

    October 5, 2025 — Crear páxinas web atendendo a principios de responsabilidade —accesibilidade, sostibilidade enerxética, privacidade, transparencia, etc.— semella unha cousa moi custosa que require grandes coñecementos, recursos ou inversión. Non vos vou enganar: hai moitas cousas que saber, que facer e que ter en conta para crear una web en perfecto equilibrio entre a responsabilidade, a rentabilidade e a experiencia do usuario. Mais hai moitas cousas que só requiren un pouco de atención pero marcan a diferencia.

    Nesta auditoría axudarei a proxectos reais a identificar estas melloras básicas e asumibles para que poidan comezar nos seus primeiros pasos cara un enfoque máis responsable. E quen sabe, o mesmo aprendes tamén como facelo co teu.

    Presentation Slides »

  • Caso real de un side project de cursos online con WordPress

    Caso real de un side project de cursos online con WordPress

    WordCamp Galicia 2025Speaker: Anxo Sánchez

    October 5, 2025 — Creando un side project de cursos online con WordPress. Desde a captación e maduración á conversión. O caso práctico de cursos.gal.

    Presentation Slides »