December 1, 2025 — Como crear bloques personalizados en WordPress desde cero e como usar a IA para acelerar o proceso sen perder control nin criterio.
October 6, 2025 — O teu curso ensina moito, pero os algoritmos non se matricularon nel é unha charla pensada para quen crea contidos de formación dixital en WordPress e quere que cheguen a máis xente… sen depender unicamente da súa nai ou do grupo de WhatsApp.
Nesta sesión repasaremos tres puntos clave para que os teus contidos educativos non pasen desapercibidos en Google (nin nos novos buscadores con IA):
Erros comúns ao redactar contidos formativos:
Se o escribe GPT e non ti, os algoritmos poden non darlle valor. Falaremos de como crear contidos que seguen funcionando, que marcan a diferenza e que respostan o que o usuario busca, non só o que ti queres contar.
Fallos técnicos frecuentes nas webs de formación:
Meta-etiquetas ausentes ou mal postas, webs lentas como unha tarde de agosto sen wifi, experiencias de usuario que botan para atrás… Revisión práctica dos puntos clave para que Google non escape correndo.
O novo contexto dos buscadores con IA (LLMs):
Como afectan os novos modelos de linguaxe á visibilidade dos teus cursos? Que podes medir? Como crecer sen desaparecer entre tanto ruído automatizado?
Todo, con sentido práctico, exemplos reais e un pouco de retranca galega para que, ao rematar, saias coa cabeza chea de ideas… e a web un pouco máis cerca dos algoritmos.
October 5, 2025 — A REST API de WordPress é unha ferramenta moi útil, e moi versátil. Serve entre outras cousas para integrar plugins e sistemas con servizos de terceiros, para que os buscadores rastreen a web, e tamén para depurar e aprender sobre o noso sitio web!
Nesta demo veremos algúns exemplos prácticos de todo isto: Sobre un portal de formación online ficticio, construiremos diferentes endpoints nos que recibiremos listados personalizados, en formato .json, dos cursos, mestres e materias do sitio.
Tirando de filtros no ficheiro functions.php (rest_post_query, rest_prepare_post, register_rest_route e register_rest_field…) e de parámetros nas urls (per_page, offset, search, _fields…), aprenderemos a optimizar as consultas á API para obter só a información que precisamos no formato que a precisamos.
October 5, 2025 — Crear páxinas web atendendo a principios de responsabilidade —accesibilidade, sostibilidade enerxética, privacidade, transparencia, etc.— semella unha cousa moi custosa que require grandes coñecementos, recursos ou inversión. Non vos vou enganar: hai moitas cousas que saber, que facer e que ter en conta para crear una web en perfecto equilibrio entre a responsabilidade, a rentabilidade e a experiencia do usuario. Mais hai moitas cousas que só requiren un pouco de atención pero marcan a diferencia.
Nesta auditoría axudarei a proxectos reais a identificar estas melloras básicas e asumibles para que poidan comezar nos seus primeiros pasos cara un enfoque máis responsable. E quen sabe, o mesmo aprendes tamén como facelo co teu.
October 5, 2025 — Creando un side project de cursos online con WordPress. Desde a captación e maduración á conversión. O caso práctico de cursos.gal.
September 28, 2025 — Tes un blog en WordPress e déixame adiviñar, non o visita ninguén!
Non sae en nos buscadores. Non recibe visitas e o único usuario que rexistra Analytics es ti mesmo cando abres a web aburrido desde o móbil.
Queres que iso cambie? Porque si, é posible cámbialo. E para iso vouche ensinar como grazas á IA.
Non, non falo de que ChatGPT escriba catro parrafiños sen alma. Falo de ferramentas máis descoñecidas pero potentes para estas tarefas, como NotebookLM, que che axudan a organizar contido, atopar ideas, mellorar textos e, sobre todo, facer que Google che vexa.
Ben o sabes, ou apareces nos buscadores ou non existes.
E o SEO xa non é só poñer catro palabras clave en letra grosa: é saber contar ben as cousas, conectar coas persoas, ter autoridade… e aproveitar a tecnoloxía que tes ao alcance da man.
June 29, 2025 — Pon atención!
É WordPress collendo a palabra e dicindo: “non son só un blog cutre nin unha web corporativa do 2009 feita cun tema trangalleiro.”
Non!
Ímosche ensinar algo distinto.
Un proxecto real. Feito en Lugo. Para visibilizar o talento de Lugo.
LUGO PRO.
Un directorio de profesionais dixitais da zona. Desenvolto por persoas que viñeron ás pasadas Meetups, que se coñeceron, colaboraron e decidiron facer algo xuntos.
June 2, 2025 — Imaxina que despois de meses de traballo e esforzo chega o día. Abres a túa web para trasladarlle ao mundo todo o teu valor.
Algo pasa! Miras desde o móbil e iso non furula ben. Desespéraste porque non se da visto nin a primeira imaxe. Estás perdendo visitas, clientes e tamén cartos.
Nesta charla imos repasar os 10 erros máis comúns que fan que unha web en WordPress sexa desesperadamente lenta… e como arranxarlos.
Sen tecnicismos innecesarios, sen promesas máxicas, sen necesidade de facer un mestrado para meterlle man a un problema tan común. Só uha checklist clara, práctica e directa para que poidas aplicar os cambios na túa propia web.
June 2, 2025 — Descubre como comercializar o teu primeiro curso online con WordPress explorando tres enfoques prácticos adaptados a diferentes necesidades e niveis de investimento.
• Nivel 1 (Gratuíto e sinxelo): Crea un sitio básico con plugins gratuítos para definir tipos de datos personalizados, restrinxir acceso e aceptar pagamentos básicos (Stripe, PayPal) cun botón. Ideal para unha masterclass ou curso simple e asequible.
• Nivel 2 (Intermedio con plugins de pago): Unha solución máis potente que permite estruturas de curso máis complexas con leccións relacionadas, usando formularios avanzados para rexistro e pagamentos e unha restrición de acceso precisa baseada en roles de usuario. Ofrece maior potencia cunha inversión moderada.
• Nivel 3 (Completo con sistema LMS): Implementa un Sistema de Xestión de Aprendizaxe robusto (como LearnDash) integrado con WooCommerce. É a estrutura máis completa para cursos con leccións, cuestionarios e unha xestión avanzada a través da tenda online. A opción máis completa para escalar, require maior curva de aprendizaxe e investimento.
May 31, 2025 — Unha web comunícase cos visitantes non só a través do texto. A linguaxe non verbal vai dende as cores, os espazos, iconas, imaxes ou efectos visuais que orientan ó usuario e transmiten múltiple información.
Nesta charla exploraremos cómo os elementos visuais, espaciais e de interacción inflúen silenciosamente na percepción e comprensión do usuario.
Veremos exemplos, boas prácticas e erros comúns que axuden a construír webs nas que poidas moverte sen ter que ler case unha soa palabra.