Language: Galician/Galego

  • Visibiliza o teu blog e mellora o SEO con NotebookLM IA

    Visibiliza o teu blog e mellora o SEO con NotebookLM IA

    WordPress Meetup LugoSpeaker: Saúl Vérez

    September 28, 2025 — Tes un blog en WordPress e déixame adiviñar, non o visita ninguén!

    Non sae en nos buscadores. Non recibe visitas e o único usuario que rexistra Analytics es ti mesmo cando abres a web aburrido desde o móbil.

    Queres que iso cambie? Porque si, é posible cámbialo. E para iso vouche ensinar como grazas á IA.

    Non, non falo de que ChatGPT escriba catro parrafiños sen alma. Falo de ferramentas máis descoñecidas pero potentes para estas tarefas, como NotebookLM, que che axudan a organizar contido, atopar ideas, mellorar textos e, sobre todo, facer que Google che vexa.

    Ben o sabes, ou apareces nos buscadores ou non existes.

    E o SEO xa non é só poñer catro palabras clave en letra grosa: é saber contar ben as cousas, conectar coas persoas, ter autoridade… e aproveitar a tecnoloxía que tes ao alcance da man.

    Presentation Slides »

  • WordPress non é só para blogs, descubre Lugo Pro

    WordPress non é só para blogs, descubre Lugo Pro

    WordPress Meetup LugoSpeakers: Juan Ramón Morales, Anxo Sánchez, Rafael Verde

    June 29, 2025 — Pon atención!

    É WordPress collendo a palabra e dicindo: “non son só un blog cutre nin unha web corporativa do 2009 feita cun tema trangalleiro.”

    Non!

    Ímosche ensinar algo distinto.

    Un proxecto real. Feito en Lugo. Para visibilizar o talento de Lugo.

    LUGO PRO.

    Un directorio de profesionais dixitais da zona. Desenvolto por persoas que viñeron ás pasadas Meetups, que se coñeceron, colaboraron e decidiron facer algo xuntos.

    Presentation Slides »

  • Checklist WPO: 10 pasos para que a túa web WordPress non sexa unha tartaruga

    Checklist WPO: 10 pasos para que a túa web WordPress non sexa unha tartaruga

    WordPress Meetup FerrolterraSpeaker: Anxo Sánchez

    June 2, 2025 — Imaxina que despois de meses de traballo e esforzo chega o día. Abres a túa web para trasladarlle ao mundo todo o teu valor.

    Algo pasa! Miras desde o móbil e iso non furula ben. Desespéraste porque non se da visto nin a primeira imaxe. Estás perdendo visitas, clientes e tamén cartos.

    Nesta charla imos repasar os 10 erros máis comúns que fan que unha web en WordPress sexa desesperadamente lenta… e como arranxarlos.

    Sen tecnicismos innecesarios, sen promesas máxicas, sen necesidade de facer un mestrado para meterlle man a un problema tan común. Só uha checklist clara, práctica e directa para que poidas aplicar os cambios na túa propia web.

  • Como comercializar o teu primeiro curso online con WordPress

    Como comercializar o teu primeiro curso online con WordPress

    WordPress Meetup Santiago de CompostelaSpeaker: Anxo Sánchez

    June 2, 2025 — Descubre como comercializar o teu primeiro curso online con WordPress explorando tres enfoques prácticos adaptados a diferentes necesidades e niveis de investimento.

    • Nivel 1 (Gratuíto e sinxelo): Crea un sitio básico con plugins gratuítos para definir tipos de datos personalizados, restrinxir acceso e aceptar pagamentos básicos (Stripe, PayPal) cun botón. Ideal para unha masterclass ou curso simple e asequible.

    • Nivel 2 (Intermedio con plugins de pago): Unha solución máis potente que permite estruturas de curso máis complexas con leccións relacionadas, usando formularios avanzados para rexistro e pagamentos e unha restrición de acceso precisa baseada en roles de usuario. Ofrece maior potencia cunha inversión moderada.

    • Nivel 3 (Completo con sistema LMS): Implementa un Sistema de Xestión de Aprendizaxe robusto (como LearnDash) integrado con WooCommerce. É a estrutura máis completa para cursos con leccións, cuestionarios e unha xestión avanzada a través da tenda online. A opción máis completa para escalar, require maior curva de aprendizaxe e investimento.

    Presentation Slides »

  • O que di a túa web sen palabras

    O que di a túa web sen palabras

    WordPress Meetup LugoSpeaker: Sabela Muñiz

    May 31, 2025 — Unha web comunícase cos visitantes non só a través do texto. A linguaxe non verbal vai dende as cores, os espazos, iconas, imaxes ou efectos visuais que orientan ó usuario e transmiten múltiple información.

    Nesta charla exploraremos cómo os elementos visuais, espaciais e de interacción inflúen silenciosamente na percepción e comprensión do usuario.

    Veremos exemplos, boas prácticas e erros comúns que axuden a construír webs nas que poidas moverte sen ter que ler case unha soa palabra.

    Presentation Slides »

  • Manual de supervivencia en redes sociais para pequenos negocios e emprendedores

    Manual de supervivencia en redes sociais para pequenos negocios e emprendedores

    WordPress Meetup LugoSpeaker: María Sierra

    May 1, 2025 — Andar nas redes sociais como pequeno negocio ou emprendedor é unha aventura constante. Que se cambios de algoritmos inesperados, novas redes que aparecen e desaparecen máis rápido do que tardamos en entendelas, bailes virais imposibles de seguir, e unha audiencia que parece que nunca está contenta… Ás veces dá a sensación de que sería máis fácil emigrar ao monte e dedicarse ao pastoreo dixital, non si?

    Pero non desesperedes! María Sierra, xornalista e especialista en comunicación dixital baixo a súa marca Pasquino Comunicación, vai ensinarnos como non só sobrevivir, senón prosperar neste mundo cambiante. Descubriremos con ela como crear contido que realmente funcione, como usar WordPress para facer webs que comuniquen e vendan, e sobre todo, como facer un plan de comunicación adaptado ao voso xeito, porque cada negocio é único e merece o seu propio camiño dixital.

    Con humor, moito sentido práctico e unha chea de exemplos reais, María axudaranos a perderlle o medo ás redes sociais e a aproveitalas ao máximo sen perder a nosa identidade nin a nosa saúde mental.

    Presentation Slides »

  • Este Nadal envía algo que ninguén espera... e feito con WordPress!

    Este Nadal envía algo que ninguén espera… e feito con WordPress!

    WordPress Meetup LugoSpeaker: Carlos Longarela

    January 31, 2025 — Como crear un plugin de WordPress que envíe felicitacións de Nadal.

    Presentation Slides »

  • Non chega con aparecer en Google. Hai que dominalo. Aprende como facelo en 2025!

    Non chega con aparecer en Google. Hai que dominalo. Aprende como facelo en 2025!

    WordPress Meetup LugoSpeaker: Borja García

    January 31, 2025 — Como xestionar o SEO en 2025 para mellorar coa túa web con WordPress

    Presentation Slides »

  • Que tes que saber de dominios (aínda que uses WordPress)

    Que tes que saber de dominios (aínda que uses WordPress)

    WordCamp Pontevedra 2024Speaker: Lorenzo Otero González

    September 23, 2024 — Contarémosche todo o que necesitas saber sobre dominios web, como quen os xestiona, que tipos hai e as fases chave no seu rexistro e renovación.

    Isto aforrarache sustos innecesarios no desenvolvemento dos teus proxectos.

    Presentation Slides »

  • 2+2 tips legais: non metas a zoca na túa web

    2+2 tips legais: non metas a zoca na túa web

    WordCamp Pontevedra 2024Speaker: Yolanda Ferreiro

    September 23, 2024 — Tips legais para non meter a zoca ca túa web.

    ¿Sabes que podes conseguir entender a linguaxe xurídica dos termos legais?, ¿Sabes como debemos protexer a privacidade e os dereitos de propiedade intelectual dos demais como a nosa?

    Isto é do que imos falar en 3, 2,1…

    Presentation Slides »