David Viña: Aprende a facer webs con WordPress 6

One response on “David Viña: Aprende a facer webs con WordPress 6

  1. Kassaliou Fataï

    Bonjour

    Like

Continue the discussion

Published

July 22, 2022

Como te quedas se che dicimos que o xeito de personalizar as páxinas con WordPress cambiou para sempre?
A chegada de WordPress 5.9 marcou un antes e un despois co lanzamento da Edición Completa do Sitio (ou Full Site Editing en inglés). Desde ese momento todas as partes da túa web poden ser implementadas visualmente con bloques.

Desaparece o personalizador e, en troca, aparece un editor onde modificar todos os modelos de deseño do teu sitio.

Este camiño consolidouse co recente lanzamento de WordPress 6.0.

Sabemos que estes cambios son importantes e de profundidade. E que mellor que aprender a utilizar as novas ferramentas como un/unha profesional.

Diso vai esta charla: un taller 100% práctico onde aprenderás a utilizar a Edición Completa do Sitio e como montar unha web en WordPress 6.0.

Rate this:

Event

WordPress Meetup A Coruña 8

Speakers

David Viña 6

Language

Galician/Galego 29

Download
MP4: Low, Original
Subtitles
Subtitle this video →
Producer