May 1, 2025 — Andar nas redes sociais como pequeno negocio ou emprendedor é unha aventura constante. Que se cambios de algoritmos inesperados, novas redes que aparecen e desaparecen máis rápido do que tardamos en entendelas, bailes virais imposibles de seguir, e unha audiencia que parece que nunca está contenta… Ás veces dá a sensación de que sería máis fácil emigrar ao monte e dedicarse ao pastoreo dixital, non si?
Pero non desesperedes! María Sierra, xornalista e especialista en comunicación dixital baixo a súa marca Pasquino Comunicación, vai ensinarnos como non só sobrevivir, senón prosperar neste mundo cambiante. Descubriremos con ela como crear contido que realmente funcione, como usar WordPress para facer webs que comuniquen e vendan, e sobre todo, como facer un plan de comunicación adaptado ao voso xeito, porque cada negocio é único e merece o seu propio camiño dixital.
Con humor, moito sentido práctico e unha chea de exemplos reais, María axudaranos a perderlle o medo ás redes sociais e a aproveitalas ao máximo sen perder a nosa identidade nin a nosa saúde mental.
January 31, 2025 — Como crear un plugin de WordPress que envíe felicitacións de Nadal.
January 31, 2025 — Como xestionar o SEO en 2025 para mellorar coa túa web con WordPress
September 23, 2024 — Contarémosche todo o que necesitas saber sobre dominios web, como quen os xestiona, que tipos hai e as fases chave no seu rexistro e renovación.
Isto aforrarache sustos innecesarios no desenvolvemento dos teus proxectos.
September 23, 2024 — Tips legais para non meter a zoca ca túa web.
¿Sabes que podes conseguir entender a linguaxe xurídica dos termos legais?, ¿Sabes como debemos protexer a privacidade e os dereitos de propiedade intelectual dos demais como a nosa?
Isto é do que imos falar en 3, 2,1…
September 23, 2024 — Neste taller, aprenderás a sacar o máximo partido a esta colección, que che axudará a crear deseños atractivos, configurar a versión responsive e ampliar as posibilidades que tes por defecto ao maquetar con Gutenberg.
Este plugin afórrame tempo e dores de cabeza e quero compartilo contigo para que teñas máis opcións.
Daremos unha ollada a cómo utilizalo tanto en temas clásicos coma nos novos temas con Full Site Editing.
September 23, 2024 — Normalmente nas comunidades de desenvolvemento o perfil das e dos participantes soe ser ter algo en común: ou ben son profesionais por conta propia que traballan en condicións as veces un pouco precarias, ou por conta allea sen capacidade de decidir sobre as súas condicións de traballo.
Parece que non hai máis saídas, pero que pasa coas cooperativas? Non debería ser esta fórmula de organización horizontal a saída laboral natural para quen xa traballa en comunidade? Por que non nos profesionalizamos desde una organización que nos permita seguir funcionando como profesionales por conta propia pero amparados por una entidade que non reste, senón sume ao noso desenvolvemento profesional?
September 22, 2024 — Nesta sesión de consultoría, responderei dúbidas sobre deseño corporativo dunha marca e cómo se utiliza nos diferentes soportes de comunicación: web, rrss, papelería… para aconsellar melloras de uso.
Manda as túas dúbidas! Cubre o formulario que atoparás aquí, e a túa consulta poderá ser unha das que se contesten nesta sesión.
May 28, 2024 — Seguro que xa o viveches nalgúnha ocasión, o soporte do teu proveedor (sexa do servizo que sexa) pode alegrarte o día ou sumirte na máxima das desesperacións.
Nesta charla poderás ver qué é o que caracteriza aos equipos de soporte máis eficientes (para que podádes escoller ben os vosos proveedores), consellos sobre cómo redactar correctamente un caso, e cómo sobrevivir ás incidencias máis comúns en WordPress, solucións incluidas.
Para todos os públicos.
May 27, 2024 — Para esta charla expondré qué son las Single Serving Sites y por qué todo el mundo debería tener una. Será una charla muy rápida y divertida. Como si fuera un monólogo humorístico, presentaré un montón de imágenes y datos curiosos que cuando los/las asistentes regresen a sus casas lo primero que querrán hacer es poner en marcha su propia Single Serving Site.