Language: Galician/Galego

  • Descobre como simplificar o proceso de maquetación en Gutenberg utilizando Kadence Blocks

    Descobre como simplificar o proceso de maquetación en Gutenberg utilizando Kadence Blocks

    WordCamp Pontevedra 2024Speaker: Ángel Cabaleiro

    September 23, 2024 — Neste taller, aprenderás a sacar o máximo partido a esta colección, que che axudará a crear deseños atractivos, configurar a versión responsive e ampliar as posibilidades que tes por defecto ao maquetar con Gutenberg.

    Este plugin afórrame tempo e dores de cabeza e quero compartilo contigo para que teñas máis opcións.

    Daremos unha ollada a cómo utilizalo tanto en temas clásicos coma nos novos temas con Full Site Editing.

    Presentation Slides »

  • Profesionalizar a comunidade. Emprendemento cooperativo

    Profesionalizar a comunidade. Emprendemento cooperativo

    WordCamp Pontevedra 2024Speaker: Marta Paz Naveiro

    September 23, 2024 — Normalmente nas comunidades de desenvolvemento o perfil das e dos participantes soe ser ter algo en común: ou ben son profesionais por conta propia que traballan en condicións as veces un pouco precarias, ou por conta allea sen capacidade de decidir sobre as súas condicións de traballo.

    Parece que non hai máis saídas, pero que pasa coas cooperativas? Non debería ser esta fórmula de organización horizontal a saída laboral natural para quen xa traballa en comunidade? Por que non nos profesionalizamos desde una organización que nos permita seguir funcionando como profesionales por conta propia pero amparados por una entidade que non reste, senón sume ao noso desenvolvemento profesional?

    Presentation Slides »

  • Coherencia de marca

    Coherencia de marca

    WordCamp Pontevedra 2024Speaker: Sonia Díaz Canosa

    September 22, 2024 — Nesta sesión de consultoría, responderei dúbidas sobre deseño corporativo dunha marca e cómo se utiliza nos diferentes soportes de comunicación: web, rrss, papelería… para aconsellar melloras de uso.

    Manda as túas dúbidas! Cubre o formulario que atoparás aquí, e a túa consulta poderá ser unha das que se contesten nesta sesión.

    Presentation Slides »

  • Soporte para WordPress, incidencias comúns e as súas solucións

    Soporte para WordPress, incidencias comúns e as súas solucións

    WordCamp Vigo 2024Speaker: José Ramón Padrón

    May 28, 2024 — Seguro que xa o viveches nalgúnha ocasión, o soporte do teu proveedor (sexa do servizo que sexa) pode alegrarte o día ou sumirte na máxima das desesperacións.

    Nesta charla poderás ver qué é o que caracteriza aos equipos de soporte máis eficientes (para que podádes escoller ben os vosos proveedores), consellos sobre cómo redactar correctamente un caso, e cómo sobrevivir ás incidencias máis comúns en WordPress, solucións incluidas.

    Para todos os públicos.

    Presentation Slides »

  • Single Serving Sites

    Single Serving Sites

    WordCamp Vigo 2024Speaker: Iñaki Quenerapú

    May 27, 2024 — Para esta charla expondré qué son las Single Serving Sites y por qué todo el mundo debería tener una. Será una charla muy rápida y divertida. Como si fuera un monólogo humorístico, presentaré un montón de imágenes y datos curiosos que cuando los/las asistentes regresen a sus casas lo primero que querrán hacer es poner en marcha su propia Single Serving Site.

  • Contido estruturado: bloques e rendimiento

    Contido estruturado: bloques e rendimiento

    WordCamp Pontevedra 2023Speaker: André Maneiro

    September 17, 2023 — Os bloques son a materia invisíbel dunha web: estruturan os contidos e ofrecen oportunidades para mellorar o seu rendemento. Como as aproveitar? Nesta palestra presentarei os mecanismos dispoñíbeis para facelo.

    Falaremos de métricas como as Core Web Vital e compararemos os temas de bloques e clásicos co obxectivo de enterdermos as súas características e en que escenarios son máis rápidos uns ou outros.

    Presentation Slides »

  • Contidos e marca: como manter a coherencia visual

    Contidos e marca: como manter a coherencia visual

    WordCamp Pontevedra 2023Speaker: Nora Ferreirós

    September 17, 2023 — A idea do relatorio é explicar, utilizando un caso real, como aplicar a identidade dun proxeto aos distintos contidos dixitais.

    Utilizando unha identidade básica que fixen, darei consellos prácticos e ensinarei exemplos do que compre ter en conta para crear contidos que, máis ou menos, sigan unha mesma liña gráfica cando non hai un profesional contratado que se ocupe diso.

    Presentation Slides »

  • Se Berners Lee tivese que deseñar a web en 2023, non o faría de todos os xeitos

    Se Berners Lee tivese que deseñar a web en 2023, non o faría de todos os xeitos

    WordCamp Pontevedra 2023Speaker: Xabier Martínez Rolán

    September 17, 2023 — Despois de 30 anos na rede, non só non temos eses espazos para a liberdade, a democracia e o coñecemento, senón que estamos a vivir un dos tempos máis escuros de Internet.

    Esta charla -profundamente ciberpesimista- repasa os principais problemas -e retos- que temos na actualidade.

    Unha rede hiperdirixida por grandes empresas, tres bloques de internet (EUA – Europa – China), vellas prácticas de embriaguez, técnicas de deseño -patróns escuros- de dubidosa ética e moral… se Berners Lee tivese que deseñar a web hoxe en día. , aínda non.

    E que podemos facer? Sexa consciente dalgunhas destas realidades. E defender unha web gratuíta e autoxestionada.

    Presentation Slides »

  • Block Protocol – facendo bloques para todos

    Block Protocol – facendo bloques para todos

    WordCamp Pontevedra 2023Speaker: Jorge González

    September 17, 2023 — BlockProtocol é un estándar gratuíto para bloques de construción e aplicacións.

    A idea é que os bloques non estean ligados a un editor ou aplicación, senón que son algo gratuíto e independente que se pode usar en calquera lugar.

    Dende hai uns meses está dispoñible para WordPress en forma de plugin, que permite inserir calquera tipo de bloque, ademais de dous propios de Gutenberg.

    A nivel de creación, tamén permite crear bloques que se usan non só en Gutenberg, senón tamén en todas as aplicacións que o admiten (Por agora Hash, pero próximamente en Github, Figma)

    Na charla darase unha introdución ao BlockProtocol, a idea detrás das súas posibilidades.

    Presentation Slides »

  • Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?

    Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?

    WordPress Meetup A CoruñaSpeaker: Anxo Sánchez

    July 27, 2023 — Aprende a crear un ecommerce en 10 pasos e consigue a túa primeira venda.
    🫵 Sábelo.
    Na internet hai moitas, moitísimas oportunidades. E nada indica que vaian acabar, máis ben ao contrario. Cada vez procuramos, comparamos e mercamos máis por internet.
    E tes tres camiños:
    Podes dar as costas a esta realidade e que a túa competencia se posicione no mercado online.
    Podes publicar un sitio de calquera maneira e depender da sorte que haxa nese intre.
    👉 Ou podes actuar 👈
    ✅ Se elixiches a terceira opción tes unha cita connosco na próxima edición da Meetup de WordPress da Coruña. Nela aprenderás a montar unha tenda online en 10 pasos, desde que tes unha idea de negocio ata ter a túa primeira venda.
    Sen dar mil voltas nin configurar trescentas opcións que soan a chinés.
    😎 Imos crear unha tenda online mínima viable. Directos. Ao punto. En 45 minutos. Coas ferramentas imprescindibles para que poidas replicalo todo na túa casa.