Language: Galician/Galego

  • Contido estruturado: bloques e rendimiento

    WordCamp Pontevedra 2023Speaker: André Maneiro

    September 17, 2023 — Os bloques son a materia invisíbel dunha web: estruturan os contidos e ofrecen oportunidades para mellorar o seu rendemento. Como as aproveitar? Nesta palestra presentarei os mecanismos dispoñíbeis para facelo.

    Falaremos de métricas como as Core Web Vital e compararemos os temas de bloques e clásicos co obxectivo de enterdermos as súas características e en que escenarios son máis rápidos uns ou outros.

    Presentation Slides »

  • Contidos e marca: como manter a coherencia visual

    WordCamp Pontevedra 2023Speaker: Nora Ferreirós

    September 17, 2023 — A idea do relatorio é explicar, utilizando un caso real, como aplicar a identidade dun proxeto aos distintos contidos dixitais.

    Utilizando unha identidade básica que fixen, darei consellos prácticos e ensinarei exemplos do que compre ter en conta para crear contidos que, máis ou menos, sigan unha mesma liña gráfica cando non hai un profesional contratado que se ocupe diso.

    Presentation Slides »

  • Se Berners Lee tivese que deseñar a web en 2023, non o faría de todos os xeitos

    WordCamp Pontevedra 2023Speaker: Xabier Martínez Rolán

    September 17, 2023 — Despois de 30 anos na rede, non só non temos eses espazos para a liberdade, a democracia e o coñecemento, senón que estamos a vivir un dos tempos máis escuros de Internet.

    Esta charla -profundamente ciberpesimista- repasa os principais problemas -e retos- que temos na actualidade.

    Unha rede hiperdirixida por grandes empresas, tres bloques de internet (EUA – Europa – China), vellas prácticas de embriaguez, técnicas de deseño -patróns escuros- de dubidosa ética e moral… se Berners Lee tivese que deseñar a web hoxe en día. , aínda non.

    E que podemos facer? Sexa consciente dalgunhas destas realidades. E defender unha web gratuíta e autoxestionada.

    Presentation Slides »

  • Block Protocol – facendo bloques para todos

    WordCamp Pontevedra 2023Speaker: Jorge González

    September 17, 2023 — BlockProtocol é un estándar gratuíto para bloques de construción e aplicacións.

    A idea é que os bloques non estean ligados a un editor ou aplicación, senón que son algo gratuíto e independente que se pode usar en calquera lugar.

    Dende hai uns meses está dispoñible para WordPress en forma de plugin, que permite inserir calquera tipo de bloque, ademais de dous propios de Gutenberg.

    A nivel de creación, tamén permite crear bloques que se usan non só en Gutenberg, senón tamén en todas as aplicacións que o admiten (Por agora Hash, pero próximamente en Github, Figma)

    Na charla darase unha introdución ao BlockProtocol, a idea detrás das súas posibilidades.

    Presentation Slides »

  • Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online?

    WordPress Meetup A CoruñaSpeaker: Anxo Sánchez

    July 27, 2023 — Aprende a crear un ecommerce en 10 pasos e consigue a túa primeira venda.
    🫵 Sábelo.
    Na internet hai moitas, moitísimas oportunidades. E nada indica que vaian acabar, máis ben ao contrario. Cada vez procuramos, comparamos e mercamos máis por internet.
    E tes tres camiños:
    Podes dar as costas a esta realidade e que a túa competencia se posicione no mercado online.
    Podes publicar un sitio de calquera maneira e depender da sorte que haxa nese intre.
    👉 Ou podes actuar 👈
    ✅ Se elixiches a terceira opción tes unha cita connosco na próxima edición da Meetup de WordPress da Coruña. Nela aprenderás a montar unha tenda online en 10 pasos, desde que tes unha idea de negocio ata ter a túa primeira venda.
    Sen dar mil voltas nin configurar trescentas opcións que soan a chinés.
    😎 Imos crear unha tenda online mínima viable. Directos. Ao punto. En 45 minutos. Coas ferramentas imprescindibles para que poidas replicalo todo na túa casa.

  • Creando sitios multilingües con WordPress

    WordCamp Lisboa 2023Speaker: Jesús Amieiro

    May 23, 2023 — Portugal é un país cun só idioma, pero con vínculos comerciais moi fortes co extranxeiro.

    É habitual usar varios idiomas nas relacións comerciais, polo que as webs (empresa, comercio electrónico,…) deberían estar en varios idiomas, para así poder chegar a un público máis diverso.

    Nesta sesión explicarei as distintas alternativas existentes para que a túa web poida acadar un público máis amplo, afrontando un proxecto multilingüe con WordPress.

  • Five for the Future: financiando WordPress dun xeito sostible

    WordCamp Pontevedra 2022Speaker: Jesús Amieiro

    September 26, 2022 — Un dos principais problemas que teñen os proxectos publicados baixo licenzas libres, como é o caso de WordPress, é o do seu financiamento, xa que moitas veces os promotores non son capaces de crear un modelo de negocio sostible, e o proxecto acaba morrendo por inanición.

    Nesta sesión:

    1. Explicarei a problemática ao redor do financiamento do software libre, así como os principais métodos de financiamento.

    2. Presentarei a iniciativa «Five for the Future», que desde o ano 2014 permite que o proxecto libre WordPress goce dun éxito que non deixa de crecer co paso dos días.

    3. Darei uns cantos consellos para que os asistentes saiban como participar nesta iniciativa.

    Presentation Slides »

  • Axudando a pequenas empresas rurais a crear grandes proxectos dixitais

    WordCamp Pontevedra 2022Speakers: Nuria Pico, Miriam Abuin

    September 26, 2022 — A charla céntrase en destacar que fóra das cidades tamén hai oportunidades de negocio para estudios de deseño, comunicación e marketing, e en explicar as peculiaridades do traballo con este tipo de empresas:

    1. A dificultade de conectar e vender a este tipo de público

    2. As particularidades de crear contido ou estratexías de comunicación para estas pequenas empresas

    3. Os beneficios que aporta para estas empresas e, en xeral, para a economía do rural galego, que comecen a realizarse este tipo de apostas e inversións.

    Presentation Slides »

  • Crear un modelo con FSE para un novo Tipo de Dato Personalizado

    WordCamp Pontevedra 2022Speaker: Anxo Sánchez

    September 26, 2022 — Coa chegada da edición completa de sitio (Fulle Site Editing, FSE) na versión 5.9 de WordPress, e a recente actualización á v.6, incorporáronse múltiples e interesantes funcionalidades ao editor de bloques.

    Unha delas é a posibilidade de crear modelos de partes da nosa web, íntegramente con bloques. A cabeceira, o pé de páxina, os arquivos, as entradas…

    Explicarei cómo se crea un modelo para un Tipo de Dato Personalizado. Por exemplo, queremos facer un directorio cos monumentos de Pontevedra. Facemos un CPT «Monumentos», que teña unha serie de campos de datos (título, descrición, historia do monumento, imaxe destacada, onde está situado, autor, data de construción, etc.).

    E para mostrar eses Monumentos, creamos un modelo a medida co FSE que adapte con bloques como queremos que quede visualmente. Bloque título, bloque contido, bloque imaxe destacada e outros bloques para mostrar os campos de datos (shortcodes ou plugins que permitan contido dinámico).

    Presentation Slides »

  • Onde foi o tempo que me prometeu a tecnoloxía?

    WordCamp Pontevedra 2022Speaker: Nora Ferreirós

    September 25, 2022 — Dende o comezo dos tempos, consideramos que a tecnoloxía trae progreso. Entendemos o progreso como a mellora do noso día a día, da nosa calidade de vida.

    A tecnoloxía danos moitas cousas que, indubidablemente, fan a nosa vida mellor. Mais tamén é certo que, en moitos aspectos, tamén a fai peor. Falamos diso constantemente: do bullying, da privacidade, das estafas, das adiccións e doutra morea de cousas que se traducen en que non temos tempo porque pasamos moitas horas coa cara pegada ás pantallas dos nosos dispositivos.

    E se en vez de preguntar onde foi o tempo que nos prometeu a tecnoloxía, preguntamos quen o levou? Non fai falla irmos de viaxe a California: a resposta pode estar moito máis preto do que cremos.

    Presentation Slides »